Etiquetas

SEMANA NACIONAL DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA

01 - Semana de la Ciencia

O noso alumnado expón o seu traballo de semanas previas nunha exposición no colexio e a través de experimentos que poden realizar para as clases que o soliciten. Hoxe arrancamos e  xa comenzaron con algunhas clases de infantil e primaria.

09 - Exposición 8 07 - Exposición 608 - Exposición 7

A continuación deixámosvos algunhas informacións respecto á semana.

  • QUE É A SEMANA DA CIENCIA?

A Semana Nacional da Ciencia e Tecnoloxía é un dos maiores eventos de comunicación da Ciencia e a Tecnoloxía que se celebra en España en diversos lugares como  universidades, museos, empresas e tamén no noso colexio.

Trátase dun evento anual, onde durante unha semana, nun espazo común a través de diferentes formas se transmite o coñecemento. No noso colexio ese espazo será o hall e o corredor da ESO e o coñecemento que compartiremos serán as distintas actividades relacionadas ca ciencia e tecnoloxía que os vosos compañeiros e compañeiras da ESO estiveron traballando ata agora  en distintas áreas.

O seu obxectivo é espertar o interese e a curiosidade pola ciencia e tecnoloxía entre o público infantil e xuvenil. Trátase de acercar os científicos, investigadores, experimentos a vos, os rapaces e rapazas do noso colexio.

02 - Exposición 1 03 - Exposición 2

  • CAL É A HISTORIA DESTA SEMANA, DENDE CANDO SE REALIZA?

A semana da Ciencia ten a súa orixe en 1991, cando un ministro de investigación de Francia (Hubert Curien), decidiu celebrar o décimo aniversario do Ministerio abrindo os seus xardíns por primeira vez ao público. Este evento que tiña como obxectivo acercar aos cidadáns de París a ciencia e os seus protagonistas, pouco a pouco adquiriu un carácter nacional e anual. Dende 1993, cada ano celébrase a Semana Europea da Ciencia no mes de Novembro.

04 - Exposición 3 05 - Exposición 4 06 - Exposición 5

EXPOSICIÓNS NO COLEXIO

¿QUÉ PODEMOS VISITAR NO NOSO COLEXIO?

CURSOS EXPOSICIÓNS LUGAR
5º EP
  • O APARELLO DIXESTIVO:
  • Maquetas aparello dixestivo
  • Hall
 Hall
1º ESO
  • PROXECTO VIAXAMOS AO ESPAZO:
  • Planetarios
  • Ficha sobre os planetas
  • Mapas mentais sobre o sistema solar
  • Traballos de investigación sobre a lúa
  • Curiosidades sobre a lúa
  • Mapa mental sobre a lúa
  • CAPAS INTERNAS E EXTERNAS DA TERRA:
  • Maquetas
  • Hall e corcho de 1º da ESO
  • Hall
2º ESO
  • A ENERXÍA RENOVABLE:
  • Traballos sobre a enerxía renovable
  • Corcho de 2º da ESO
3º ESO A CÉLULA:

  • Maquetas sobre os tipos de células eucariotas: animais e vexetais

OS PREMIOS NÓBEL:

  • Traballos de investigación sobre os premios nóbel

PLÁSTICO:

  • Traballos de investigación
  • Prácticas:

LUNS 11:50

VENRES 10:30

 Hall e corredor diante capela

Corcho 3º da ESO

Corcho 4º da ESO

Se nese horario se quixera que os alumnos de 3º foran ás clases a facer algunha das prácticas relacionadas co plástico, sería nese horario

4º ESO
  • EXPERIMENTOS

LUNS, MÉRCORES, XOVES 10:30- 11:20

Os alumnos/as de 4º irían as clases que o solicitaran a facer os distintos experimentos. Tamén poderían realizarse no laboratorio e hall.

 10 - Experimento 1 11 - Experimento 2 12 - Experimento 3 13 - Experimento 4

Anuncios