Etiquetas

, , , ,

TIEMPO DE ADVENTO E NADAL:

Un ano máis ao acercarse o Nadal quixemos prepararnos para vivilo con intensidade e dende o máis profundo, coa ledicia que xurde en nos polo que significa.

Dende o 1 de Decembro comezamos co tempo de Advento, dando a cada semana un sentido que nos levou a preparar o noso corazón:

  • 1ª vela à 1 de decembro à “Esperta”

O Nadal estaba chegando e comezamos “o camiño do Advento”. Cando nos preparamos para unha gran festa, arranxámonos ben. Dámonos tempo para que todo estea mais limpo e acolledor. Xesús proponte que a túa casa estea máis limpa, máis luminosa, máis acolledora; esa casa, é o teu corazón. Vamos a intentar axudar aos demais, compartir os xoguetes, xogar con todos no patio, traballar contento, respectar os compañeiros …

Vela 1 - despierta

  • 2ª vela à 9 de decembro à “Ponte en camiño”

Acendemos unha nova vela que nos invitou a poñernos en camiño cara a Esperanza.  Adiante cos soños, dificultades, promesas, desexos, retos.. Que ninguén nos pare … coma Xoán o Bautista, limpando, arranxando a senda, quitando obstáculos e impedimentos que nos imposibilitan a chegada a Belén. Pensemos a quen e de que forma queremos axudarlle.

Vela 2 - Ponte en camiño

  • 3ª vela à 15 de decembro à “Observa”

Xesús naceu fai xa moitos anos, pero hoxe segue nacendo. A terceira vela invitábanos a observar durante esa semana persoas, situacións, lugares,… Onde penso que Xesús segue nacendo cada día? E para comezar a observar, facémolo empezando polo noso interior, dende o noso corazón.

Vela 3 - Observa

  • 4ª vela à 19 de decembro à “Acolle”

Os pastores, xente sinxela e humilde acolleron ao neno Xesús e o adoraron. A última vela facíanos algunhas preguntas: Como acollemos nós o nacemento de Xesús? Acollemos a todas as persoas? A quen/es deixo de lado? A quen ou quenes debería acoller mellor este Nadal? Pensaches algunha vez que se todos abrísemos o noso corazón aos demais … o mundo podería cambiar? A súa invitación é a facer un esforzo e abrir as portas do noso corazón a Xesús e ao mundo.

Vela 4 - Acolle

Ademais do sentido de cada semana de advento preparamos o noso colexio para o Nadal, por iso entre todos elaboramos distintas decoracións que adornan o noso colexio e crean un ambiente cálido, familiar. Entre elas están os distintos obxectos elaborados por todas as familias do centro, o Nacemento, a árbore de Nadal, os carteis pintados,…

Todo isto, xunto co traballado nas titorías, a Luz do Sur e a campaña de recollida de alimentos para Cáritas, trataron de prepararnos para  o acontecemento que celebramos no colexio o día 19, pero sobre todo nas nosas casas os días 24 e 25 de Decembro.

Nesa celebración facíamos tres propostas para o Nadal e para o ano que comeza: vivir dende o Amor, a Esperanza, a Solidariedade e con fe.

21-vela-navidad1 (1)

Anuncios