20150130_093248

O 30 de Xaneiro é o día escolar da Paz e a non-violencia. No noso colexio esta celebración é máis que un simple xesto. Achegámonos á Paz dun xeito global: pensando no día a día no colexio pero tamén a través de distintos premios noveles da paz que poden servirnos de inspiración á hora de coñecer que está na nosa man cambiar as cousas coas que non estamos de acordo, sempre loitando por os dereitos humanos.

Algunos premios noveles da pazCada curso ao longo do mes de xaneiro foi traballando nun destes premios novel a través de proxectos de traballo colaborativo, paletas de intelixencias múltiples, elaboración de mapas mentais, carteis e distintas producións que sirvan para dar a coñecer aos demais membros do colexio, convertendo este nunha exposición sobre a paz e os dereitos humanos.

Trabajo en infantil

Trabajo 1º ciclo EPTrabajo EPTrabajo en Secundaria

Algúns dos persoaxes que descubrimos ao longo deste mes foron Madre Teresa de Calcuta, Mahatma Ghandi, Rosa Parks, Dalai Lama, Einstein,…  Cada un deles móstranos un aspecto distinto da paz relacionado con algún dos dereitos humanos. Este traballo o realizamos a través da titoría, pero tamén en colaboración cos distintas materias en cada curso, de xeito que non é algo a maiores se non que se integra na dinámica do centro, se relaciona cos contidos da materia que estamos traballando e dinamiza o mesmo.

Ademais o alumnado de 2º e 4º ESO elaborou unha parte da exposición sobre os dereitos humanos.

Exposición en el Hall

Todo este traballo tivo como peche a realización dun xesto conxunto no pavillón do colexio no que cada curso expresou a través dunha frase ou resumo do descuberto ou aquilo que lles chamou a atención de xeito máis significativo.

2015-01-30 Xesto día da PAZ

O remate do xesto foi a solta duns globos que levan os nosos soños de paz fora das paredes do noso centro, porque a paz, non é algo necesario so no día a día do cole, se non que se precisa en todos os aspectos do nosa vida, da vida das persoas que nos rodean e na vida de todas as persoas do mundo. Soñamos que podemos realizala entre todos, algo que aínda non logramos pero sobre o que pensamos ¿por qué no?

20150130_093839

Anuncios