Etiquetas

, , ,

Dende o 6 ao 13 de Febreiro preparámonos para celebrar o entroido: facendo carteis para decorar o colexio, elaborando os nosos disfraces (infantil na clase coa axuda das familias), seguindo os mandatos da Meca, preparando o ambente do colexio para rematar o venres trece cun desfile polas rúas de Tui acompañados das nosas familias.

Este ano a temática foi sobre xogos de mesa:

-Infantil:  Parchis e Oca

-1º e 2º EP: Dominó

-3º e 4º EP: Castas da baralla española

-5º e 6º EP : Bingo

– Secundaria: Quén e Quén e Cartas da baralla de póker

A choiva non foi capaz de apagar o entusiasmo nin impediu que disfrutáramos dunha xornada de bromas, bailes, na mellor da compañía: a ledicia de estar xuntos.

Gracias a todos pola vosa implicación.

Entroido 2015

Anuncios