• QUE É A SEMANA DA CIENCIA?

A Semana Nacional da Ciencia e Tecnoloxía é un dos maiores eventos de comunicación da Ciencia e a Tecnoloxía que se celebra en España en diversos lugares como  universidades, museos, empresas e tamén no noso colexio.

Trátase dun evento anual, onde durante unha semana, nun espazo común a través de diferentes formas se transmite o coñecemento. No noso colexio ese espazo será o hall, a capela e o corredor da ESO e o coñecemento que compartiremos serán as distintas actividades relacionadas ca ciencia e tecnoloxía que os vosos compañeiros e compañeiras da ESO e de EP estiveron traballando ata agora  en distintas áreas.

O seu obxectivo é espertar o interese e a curiosidade pola ciencia e tecnoloxía entre o público infantil e xuvenil. Trátase de acercar os científicos, investigadores, experimentos a vos, os rapaces e rapazas do noso colexio.

  • CAL É A HISTORIA DESTA SEMANA, DENDE CANDO SE REALIZA?

A semana da Ciencia ten a súa orixe en 1991, cando un ministro de investigación de Francia (Hubert Curien), decidiu celebrar o décimo aniversario do Ministerio abrindo os seus xardíns por primeira vez ao público. Este evento que tiña como obxectivo acercar aos cidadáns de París á ciencia e os seus protagonistas, pouco a pouco adquiriu un carácter nacional e anual. Dende 1993, cada ano celébrase a Semana Europea da Ciencia no mes de Novembro.

EXPOSICIÓNS NO COLEXIO

¿QUÉ PODEMOS VISITAR NO NOSO COLEXIO?

CURSOS EXPOSICIÓNS LUGAR
3º EP ·         SISTEMA SOLAR

–        Cartel do Sistema Solar

–    Hall do colexio
4º EP ·         A ATMOSFERA:

–      Mapas mentais QUÉ TEMPO VAI?

–      Cadros das Capas da atmosfera

–    Pasillo de EP
6º EP ·         OS SERES VIVOS

–      Lapbook

–    Hall,  espazo diante da capela
1º ESO ·         PROXECTO VIAXAMOS AO ESPAZO:

–      Planetarios

–      Ficha sobre os planetas

–      Mapas mentais sobre o sistema solar

–      Traballos de investigación sobre a lúa

–      Curiosidades sobre a lúa

–      Mapa mental sobre a lúa

·         CAPAS INTERNAS E EXTERNAS DA TERRA:

–      Maquetas

–    Hall e corcho de 1º da ESO

–    Hall

2º ESO ·         AS ENERXÍAS RENOVABLES:

–      Traballos sobre as enerxías renovables

–      Mapa mental sobre Enerxías Renov. e non Renov.

–    Corcho e cristaleiras de 2º da ESO
3º ESO ·         A CÉLULA:

–      Maquetas sobre os tipos de células eucariotas: animais e vexetais

·         MADAME CURIE:

–      Traballos de investigación sobre Madame Curie, conformando un Mapa Mental Grupal.

–      Álbum de fotos de Marie Curie.

–    Hall

–    Corcho e cristaleiras de 3º da ESO

4º ESO ·         EXPERIMENTOS

–      LUNS, MARTES, XOVES E VENRES

10:30 – 11:20H

–    Os alumnos/as de 4º mostrarán os experimentos traballados.

–    Poñerse en contacto con Ana Isabel.

AREA DE CIENCIAS ·         EXPOSICIÓN “Os imprescindibles”

–        Pequena mostra do instrumental de Laboratorio.

–    Na entrada da Capela

Aquí vos deixamos unhas fotos dos experimentos que o alumnado de 4º ESO fai para o resto do colexio ao longo da semana:

20151110_105244

20151110_104222

20151110_104312

Anuncios