Etiquetas

, ,

Ao longo da semana do 1 ao 5 de febreiro celebramos no colexio o Entroido. Ao chegar o luns a clase atopamos o vestíbulo do cole engalado para o Meco e os seus mandatos. Este ano o Meco pediunos que trouxeramos una gravata o martes, una gravata e algo na cabeza o mércoles, e una gravata, algo na cabeza e cada calcetín dun color o xoves.

Tamén tivemos no vestíbulo un photocall no que  sacarnos fotos disfrazados de caballero e dama medievais.

Ademáis infantil tivo o xoves pola tarde unha festa de disfraz libre na que cada un mostrou a súa imaxinación e todos xuntos bailaron, cantaron e disfrutaron duna pequena festa.

O remate da semana viu da mano dos xogos olímpicos para os que estivemos preparándo os nosos disfraces. Iniciaba o desfile o abanderado, seguido dos ximnastas de infantil, os nadadores de 1º e 2º de primaria, os karatekas e xudokas de 3º e 4º de primaria, os baloncestistas e as súas animadoras de 5º e 6º de primaria e pechando os boxeadores e tenistas da ESO.

Bandera Entroido

Tras o desfile polas rúas de Tui regresamos ao colexio para desfrutar xuntos de postres típicos de entroido traídos pos todos: filloas, orellas, flores,…. e ao ritmo da música e as conversas foi pasando o tempo voando.

Ao final da mañana preparamonos para quemar o Meco. A antorcha olímpica chegou e ca lume que portaba vimos como o Meco ía pocuco a pouco consumíndose e pechando así o Entroido no noso colexio, aínda que quédannos varios días por diante nos que descansar, disfrazarnos e seguir disfrutando do Entroido.

Aquí vos deixamos algunhas instantaneas que no recollen todo nin a todos, pero sin nos sirven para facernos unha idea.

Bo Entroido.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Tamén os deixamos unha pequena cita sobre o Entroido con algúns enlaces aos disfraces máis característicos ou singulares dan terras galegas:

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacionalpolo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

laza2-478x270

Anuncios