Etiquetas

,

Baixo o lema “Contigo, de corazón” iniciamos a campaña de admisións para o vindeiro curso. Todos os colexios maristas da Provincia Compostela, que compartimos o carácter propio, así como os procesos educativos iremos dando a coñecer as nosas propostas educativas a través de www.contigodecorazon.es.

O proceso de admisións para o vindeiro curso 2016-17 no noso colexio  iniciarase unha vez a Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria publique as datas oficiais de todo o proceso de admisións para centros escolares. Unha vez a Administración faga públicos os plazos, informaremos das novidades con respecto aos tempos e aspectos de matrícula. O que si podemos confirmar xa é que comeza o día 1 de marzo.

Se desexan coñecer o noso centro e asistir ás nosas  Xornadas de Portas Abertas, invitámoslles a participar o martes 23 de febrero ás 18.00h e o xoves 25 ás 12.00h

Decreto e Orden do DOG pola que se decreta o proceso de admisión.

Cartel: Xornada portas abertas

Cartel con plazas disponibles

Proxecto educativo

Carácter propio

• Máis información no taboleiro de anuncios do centro ou na web do colexio: http://maristastui.org/

                                        Maristas - Contigo, de corazón

                                          porque soñamos con un alumno como tú.

Anuncios