Etiquetas

, ,

Dentro da programación de educación para a solidariedade, levamos a cabo a nosa XII Semana Solidaria do 11 ao 15 de abril, este ano baixo o lema “Dálles un respiro”. Ao longo da semana realizamos diversas accións de sensibilización sobre a pegada ecolóxica, así como de reflexión acerca da nosa contribución a un mundo máis sostible.

Dales un respiro

Ademais da sensibilización, nesta semana tamén se realizaron varias actividades para recadar fondos destinados a colaborar coa ONGD SED en proxectos de desenvolvemento en diversos países do mundo. Algunhas destas actividades foron recreos solidarios nos que vendimos postres caseiros, iogures, bocatas, froita…; e un “recuncho solidario” onde se atopamos as manualidades elaboradas polas familias e o alumnado para dita ocasión.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Como broche final desta semana solidaria está programada a VI Andaina Solidaria para o 14 de maio, na que a comunidade educativa se reúne para compartir unha xornada de familia cun tinte solidario.

Gracias a todos pola vosa implicación e por seguir soñando con un mundo máis xusto e sostible.

Anuncios