Etiquetas

, , , , ,

Esta semana estamos traballando en todas as etapas do colexio a figura de Miguel de Cervantes a través da súa novela mestra Don Quixote da Mancha.

IMG-20160415-WA0005

En infantil traballaranse as personaxes do libro e faremos un mural entre as tres clases. Leremos capítulos adaptados para estas idades, visionaremos capítulos da serie que TVE fixo na nosa infancia, aprenderemos a canción da serie e faremos lapbooks co que aprendemos por equipos cooperativos.

IMG-20160415-WA0001En 1º e 2º de Primaria traballarase unhas paleta de intelixencias múltiples utilizando a obra de don Quixote coma eixe central, así coma rutinas de pensamento para realizar o traballo. Dende plástica realizaranse caricaturas do Manco de Lepanto que se exporán para que todos poidamos disfrutar de elas.

En 3ºe 4º de Primaria farase un amencer consistirá na representación breve dun fragmento do Quixote, concretamente a escea de “Las Bodas de Camacho”. Para elo formaranse na clase grupos de catro alumnos para representar todos a mesma escea. Tamén traballarán a figura de Miguel de Cervantes.

En 5º e 6º de Primaria visualizarán un video da serie “Don Quijote de la Mancha” e farase un cuestionario dixital para respostar sobre o capítulo visionado. Tamén traballarán a figura de Miguel de Cervantes dende as áreas que cada mestre estime oportunos.IMG-20160415-WA0003

Nos cursos da E.S.O. farase un amencer no que presentamos e visualizamos un anaco do Capítulo 1 do Quixote e facemos a rutina de pensamento Vexo-Penso-Pregúntome. Concluímos invitándoos a que expresen a súa experiencia coa lectura dalgún libro en relación á situación do personaxe que acaban de ver. E facemos a reflexión de Con que libro tolearías ti?, Atopaches ou cres que podes atopar un libro que te enganche tanto coma para deixar de durmir, comer,saír cos amigos.. en definitiva Volverte un Quixote?

Tamén no apadrinamento lector do centro realizamos lecturas e actividades relacionadas con Cervantes e o Quixote.

IMG-20160410-WA0002 IMG-20160410-WA0003

 

Anuncios