Etiquetas

, , , ,

Ao longo da primeira quincena do mes de maio estivemos traballando sobre o homenaxeado das Letras Galegas deste ano: Manuel María.

Nas clases fixemos actividades para coñecer ao autor e as súas distintas composicións. Algúns dos alumnos da ESO saíron por Tui para dar a coñecer ao autor, colocando cartéis en distintos establecementos locais. Tamén no vestíbulo do colexio fixemos unha pequena exposición con algunhas das actividades realizadas nas aulas e algún traxes tradicionais. Ademais, no apadriñamento lector aproveitamos para ler algunhas destas composicións.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O día 16 de maio, tivemos a nosa sinxela celebración no pavillón do colexio, na que invitamos ás nosas familias a disfrutar con nos das actuacións que preparáramos. A continuación vos deixamos una resumen da celebración.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios