Etiquetas

, , , , ,

Hoxe é día de festa, e de festa grande, na nosa casa. Xa que somos unha familia moi numerosa cando nos xuntamos, é preciso darnos conta de cando é importante que a festa sexa por todo o alto, e hoxe foi un día de eses.

Celebramos San Marcelino Champagnat, o fundador dos Hermanitos de María, canonizado o 20 de abril de 1999. A súa honomástica estableceuse na data da súa morte e por iso todos os 6 de xuño celebramos unha festa moi importante para nos porque é unha festa que nos une entre nos pero tamén cos miles de persoas que ao longo do mundo sinten este momento como importante e viven o día como un momento de unión e familia, incluso con persoas que non coñecen.

No noso colexio o celebramos dun xeito familiar. Comezamos o día todos xuntos no pavillón do colexio escoitando o pregón de festas por parte da directora e dalgúns alumnos de 4º ESO.

Despois continuamos cunha celebración na capela do colexio na que celebramos o día do fundador recordando a preparación do bicentenario e o compromiso de Fourvière, que xa fumos descobrindo ao longo do curso. Cada clase compartiu algo que viviu ao longo do curso como novo. Foi un momento de familia no que cada neno estivo sentado co seu irmanado.

Tras a celebración disfrutamos dun tempo para estar xuntos no pavillón mentras merendábamos o comíamos chuches  da tasca MarCha, e con máis forzas, tivemos un tempo largo de xogo no que os pequenos de infantil e todos os cursos de primaria fixeron as súas olimpiadas, mentras que o alumnado da ESO saiu por Tui facendo unha gymkhana urbana na que descubriron a cidade a partir de preguntas moi variadas.

Cando rematamos o tempo de xogo, xuntámonos de novo todos no pavillón para desfrutar da comida que, aínda que non puido ser no bosque porque comezou a chover, permitiunos estar xuntos dun xeito diferente. Ademáis, rematamos tomando un xeado que puso un broche doce ao día.

Aquí deixámosvos unha pequena mostra do que disfrutamos da xornada.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios