Etiquetas

, , , , ,

Ao chegar o mes de xuño toca pechar o curso e, aínda que parece que todo xira en torno as cualificacións, non é o único importante.

Neste mes, ademais de celebrar San Marcelino Champagnat e a familia marista, teñen lugar moitos momentos especiais. Algúns deles son excursións como a de 3º e 4º de primaria ás salinas; ou a de 1º e 2º de primaria a Alazán, a de 5º e 6º EP ao Ecoparque de Marín, a de Infantil a Vigozoo ou a ruta que fixo a ESO ata caldelas para percorrer parte do Miño en piraguas.

O día 17 de Xuño tivo lugar a graduación de 4º ESO, que non é outra cousa que un momento especial de encontro entre o alumnado que remata a escolaridade non noso centro despois de 13 anos, as súas familias,o profesorado e a comunidade de irmáns. É un xesto sinxelo, familiar, emotivo,… no que nos atopamos dende o corazón e deixando que sexa este o que fale. Este ano ademáis foi un momento aínda máis especial xa que o alumnado desta duodécima promoción é o primeiro que realiza os trece anos no noso colexio por ser a primeira promoción que comezou en 3 anos nas nosas aulas, que despois dese tempo son máis que espazos de aprendizaxe, convertíronse en casa, en hogar, en lugar donde sentirse en familia e ao que volver cando se quera.

Por útlimo, o día 22 pusimos o broche final ao curso co Festival no que todo o alumnado participa. Este ano as actuacións foron moi variadas: bailes, cancións, poemas, “concertos”,… Cada un poñendo o mellor da nosa parte para facer desfrutar ao resto da comunidade educativa, especialmente ás nosas familias.

E así remata o curso, sacando o mellor de cada un, incluso cando as forzas xa comezan a escasear porque precisamos vacacións. O día 21 pola tarde tivo lugar tamén a última actividade de MarCha en Tui neste curso. Nela houbo momentos de xogo, de encontro e de refrescarnos na piscina, rematando cunha sinxela celebración na que os asistentes recibimos a invitación a abrir as nosas mans ao verán e ás experiencias que nos traia e que sexamos como unha esponxa que absorbe esas experiencias, empapándose delas para seguir medrando e enriquecéndonos como persoas.

Trasladamos tamén esa invitación aquí, a todos os que ledes este breve resumo, aproveitando para dexesarvos un bo verán cheo de todo o que precisedes: tempo de descanso, de estar en familia, de desfrutar cos amigos, de reencontrarse con persoas, de ler, de soñar, de nadar, de rir, de viaxar,… de continuar vivindo o novo, contigo.

Tornaremos en setembro con moito máis, esperándoos coas nosas portas abertas para un novo curso cheo de sorpresas.

Anuncios